Arias, Plácido

Arias, Plácido

Monxe bieito e historiador. Centrou a súa investigación no mosteiro de Samos e na Ribeira Sacra. É autor de diferentes artigos publicados en obras colectivas (El monacato en Galicia, 1972, de Hipólito de Sá Bravo) e revistas; así mesmo, é autor da Novena biográfica del glorioso San Pedro de Mezonzo, autor de la Salve (1942) e da Historia del Real Monasterio de Samos (1950).