Arístides

Arístides
[ONOM]

Nome procedente do grego Aristeídes ‘fillo de Aristeo’ e este de áristos ( ἄ ριστος) ‘o mellor, o máis valente’, raíz de onde sae aristocracia ‘goberno dos mellores’. Arístides foi un gran político ateniense do s V a C e, por iso, o nome reviviu no Renacemento. A festividade de santo Arístides de Atenas (s II), quen tentou inculcarlle ao Emperador Adriano a fe cristiá, celébrase o 31 de agosto.