arlequín

arlequín

(< it arlecchino < frantigo Herlequin ou Hellequin, cabeza dunha banda lendaria de demos)

  1. s m

    Gracioso ou bufón que forma parte dalgunhas compañías de acróbatas. 

  2. s m

    Persoa vestida con este traxe de cadros ou rombos de distintas cores baseado no personaxe cómico da antiga comedia italiana. Este traxe e moi frecuente como disfrace de entroido.

    Ex: Na festa do entroido había cinco arlequíns.

  3. s m

    Persoa informal ou de pouca personalidade.

  4. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Macrocoleóptero de longas antenas, con élitros manchados de negro, vermello e pardo, que teñen un aspecto arlequinado. Son propios das zonas ecuatoriais de América do Sur.