Armando
Armando
[ONOM]
Nome introducido a través do francés Armand, variante meridional de Harmand, de orixe xermánica. A súa orixe pode estar no nome Hariman formado por hari ‘exército’ e man ‘home’, isto é, ‘home de armas, soldado’ latinizado en Harimannus; ou, máis ben, en Hardman ou Hartman, composto por hart ‘forte, afouto’ e man ‘home’. Á súa difusión contribuíu a novela decimonónica Dama aux Camèlias (A dama das camelias, 1848) de Alexandre Dumas, na que o protagonista se chamaba Armand Duval. Na vida real, destaca con este nome Armand Jean du Plessis, cardeal e duque de Richelieu. A festividade de santo Armando (s XII), bispo de Bressanone e fundador do convento italiano de Novacella, celébrase o 23 de xaneiro.