1 armeiro

1 armeiro
  1. s m [ICT]

    Agrupación de sardiñas en forma de torre circular que se forma de día nas rías galegas cando son perseguidas por outros animais mariños.

    Confrontacións: cardume, mada, mansío, touza, fieiro.
  2. s m [ORNIT]

    Agrupación de gaivotas e outras aves mariñas que voan sobre un punto do mar onde abundan os peixes.

  3. s m [PESCA]

    Procedemento de localización dos bancos de peixe, propio da pesca artesanal galega. Consiste en localizar os cardumes (fundamentalmente de sardiña) segundo haxa ou non concentración de toniñas (delfínidos) e aves mariñas. O saber empírico mariñeiro tradicional e a falta de aparellos de localización modernos (radar, escáner, etc), tradúcese no emprego destas técnicas de localización, seguindo as evolucións dos depredadores do peixe. O armeiro practícase entre os meses de febreiro e abril, e denomínase tamén mansío.

Formas incorrectas

almeiro