armiño

armiño

(< lat armenĭu ‘deArmenia’)

  1. s m [ANIMAL]

    Mamífero carnívoro, duns 30 cm de lonxitude do corpo e arredor de 11 cm de rabo. O seu pelame é delicado e moi suave, e pode presentar distintas cores segundo a estación: no inverno é branco e no verán, castaño avermellado coa zona ventral branca. A punta da cola sempre é de cor negra. Desprázase con frecuentes saltos arqueando o lombo, e cada pouco érguese sobre as patas traseiras para outear o terreo. Está especializado fundamentalmente na captura de rilladores que pode cazar mesmo no interior dos seus tobos. Está presente en gran parte de Europa, Asia, América do Norte e foi introducido en Nova Celandia. Na Península Ibérica a súa distribución asóciase á da rata tobeira e ocupa o terzo norte. En Galicia é máis abundante no norte do país, onde prefire ambientes húmidos (regatos, ribeiras de ríos e campos enchoupados).

    Confrontacións: doniña.
  2. s m [HERÁLD]

    Figura convencional, en forma de punta de frecha negra e longa con tres puntos no seu vértice superior, que vai en campo de prata e tenta representar a cola do armiño.

  3. s m [TÉXT]

    Pel do mamífero do mesmo nome, de cor branca, moi suave e delicada, empregada antigamente por altos dignitarios da igrexa e por maxistrados.