armol
armol
(< lat halĭmon < gr ἄλιμον)
s
f
[PLANTA]
Herba ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas, e froitos con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior. En Galicia atópanse de forma máis común dúas especies de medios ruderais, tanto costeiras como do interior: A. patula, de talos erectos, e A. prostrata, de talos deitados e estriados.