Armórica
Armórica
Nome co que foi coñecida a rexión noroccidental de Francia, entre o Sena e o Loira, durante as épocas celta, galorromana e franca. Como consecuencia de estar poboada durante os ss VI e VII polos celtas britónicos, procedentes da Bretaña insular, comezouse a chamar Bretaña.