Arnelas, ponte
Arnelas, ponte
Ponte situada sobre o río Umia, pola marxe dereita pertence á parroquia de Ouviña, do concello de Vilanova, e pola marxe esquerda, á parroquia de Leiro, do concello de Ribadumia. Trátase dunha ponte, con cinco vans, de cantería con arcos oxivais da época de Filipe II; está ancheada con formigón. Forma parte do estrada que conduce de Pontevedra a Cambados.