arqueoinformática

arqueoinformática

(

s f [ARQUEOL/INFORM]

Investigación arqueolóxica que inclúe de maneira significativa ferramentas informáticas (ordenadores e programas) na súa metodoloxía. Desenvólvese fundamentalmente no campo da Estatística, clasificando e organizando a información cuantificada para a súa interpretación; no das bases de datos, organizando e resumindo grandes masas de información codificada; no das aplicacións gráficas para procesar planos de escavación e materiais; no do tratamento dixital de imaxes por teledetección; no da simulación para reconstruír estruturas e sistemas; ou no dos sistemas expertos para automatizar labores descritivas e analizar os procesos de razoamento.

Palabras veciñas

arqueobacteria | arqueobotánica | arqueófito | arqueoinformática | arqueólogo -ga | arqueoloxía | arqueolóxico -ca