arqueomagnetismo

arqueomagnetismo

(

s m [ARQUEOL]

Técnica de datación baseada na comparación entre o magnetismo remanente (orientación das partículas de ferro e intensidade do campo magnético terrestre) que permanece fixo en certos materiais (cerámicas cocidas a 650º non requecidas con posterioridade, fornos, fogares, etc), coas variacións rexistradas ao longo do tempo no campo magnético terrestre. Deste xeito pódese elaborar un esquema das variacións temporais na dirección magnética, que se pode empregar para datar outras estruturas de arxela cocida e idade descoñecida.