arquetípico -ca
arquetípico -ca
(< arquetipo)
-
adx
Relativo ou pertencente a un arquetipo.
-
teoría e crítica arquetípica
[LIT]
Escola de crítica literaria baseada no recoñecemento de universais literarios, denominados arquetipos: imaxes, temas, modelos narrativos e outros fenómenos que aparecen en todas as culturas. Defende o estudo de cada obra literaria integrándoa no conxunto da literatura.