Arran, condado de
Arran, condado de
Condado escocés epónimo do título feudal que pertenceu á familia Boyd. O primeiro titular foi Thomas Boyd (1467), primeiro esposo de María de Escocia, filla de Xaime II, casada en segundas nupcias con James Hamilton. O fillo de ambos, James Hamilton (morto en 1529), foi nomeado conde en 1503 e chegou a ser lugartenente xeral de Escocia en 1517 e presidente do consello da rexencia (1517-1520). O seu fillo James (morto en 1575) foi gobernador e rexente de Escocia (1542-1554). O título extinguiuse en 1651.