arreitó

arreitó
s m [PLANTA]

Herba anual ou perenne que pertence ao xénero Linaria, da familia das escrofulariáceas. Caracterízase por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula. Das quince especies presentes en Galicia cómpre salientar: L. triornithophora, de ata 130 cm de altura, flores púrpuras de ata 55 mm, propias das carballeiras; L. elegans, de ata 70 cm de altura, flores violáceas, propias de ambientes secos de certa altura; L. saxatilis, de ata 50 cm de altura, flores amarelas ou avermelladas, propias de ambientes secos; L. polygalifolia, de ata 40 cm de altura, flores amarelas, propias de areais costeiros. A subespecie L. polygalifolia aguillonensis constitúe un endemismo galego localizado en cantís e areais costeiros dende o cabo Vilán ata Estaca de Bares.

Variantes

Palabras veciñas

arreifadeira | arreísmo | arreitar | arreitó | arrelar | arrellar | arreluar