arroio

arroio

(< lat *arrŭgiu < arrŭgia‘galería dunha mina’)

s m [XEOG]

Curso circunstancial de auga que discorre sobre un leito que si é permanente. A alimentación dos arroios a partir das precipitacións ou do desxeo, e non de mananciais freáticos, determina a característica efémera e estacional do seu caudal.

Palabras veciñas

arroiar | arroibado -da | arroibar | arroio | arroitó | 1 arrolar | 2 arrolar