ártabro -bra
ártabro -bra
(
-
adx
Pertencente ou relativo aos ártabros.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo ártabro.
-
s
m
Pobo índixena (populus) da Gallaecia, no convento xurídico lucense que, segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba as rías de Ferrol, Betanzos e A Coruña. Adobriga e Flavium Brigantium semella que eran dous importantes núcleos na súa área de influencia; sen embargo, os únicos que se adscriben de xeito único a este pobo son, entre outros, Buro, Olina e Vica. Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon dos pobos indíxenas este pobo aparece, ás veces, co nome de arrotrebas (arrotrebae).