arteria
(
-
s
f
[ANAT]
aso sanguíneo que leva o sangue dende o corazón aos órganos. Tamén actúa como reserva de presión para forzar o paso do sangue nos vasos de diámetro máis pequeno, como amortecedor das oscilacións de presión e fluxo xeradas polo corazón, e como controlador da distribución do sangue mediante unha vasoconstrición selectiva das ramificacións terminais da árbore arterial. A parede arterial está constituída fundamentalmente por tres capas: a túnica adventicia, que é a cuberta de tecido conxuntivo externa; a túnica media, constituída por fibras musculares lisas e fibras elásticas; e a túnica interna ou íntima, formada por unha capa endotelial e fibras elásticas. Estas grosas membranas necesitan a súa propia circulación capilar, denominada vasa vasorum, que garante a nutrición das capas externas. Nos vertebrados hai dúas arterias principais: a pulmonar, que conduce o sangue cara aos pulmóns, e a aorta, que distribúe o sangue cara ao resto do organismo; deste xeito mantense separada a circulación pulmonar da sistémica. As ramificacións terminais das arterias continúan nas denominadas arteriolas, que comunican coa rede dos vasos capilares. As lesións das arterias poden causar as chamadas hemorraxias arteriais, que en ocasións non manifestan signos externos. Outras doenzas arteriais, frecuentes no ser humano, son o aneurisma arterial, o ateroma, a arteriosclerose, a arterite, etc.
-
s
f
[TRANSP]
ía de comunicación importante, xeralmente unha estrada ou rúa principal dunha cidade.
Ex: As arterias de acceso a esta cidade estiveron colapsadas durante dúas horas e media.