arteriosclerose
arteriosclerose
(
-
s
f
[PAT]
Estado patolóxico que abrangue diversos procesos que provocan un engrosamento e endurecemento da parede das arterias. O proceso máis importante é a ateroscleros á que se lle atribúe impropiamente o nome xenérico de arteriosclerose.
-
arteriosclerose de Mönckerberg/arteriosclerose medial
[PAT]
Tipo de arteriosclerose que se presenta nas extremidades. Caracterízase por ocasionar necrose e calcificación, polo xeral só da túnica media das arterias.