Artes Ditaminis
Artes Ditaminis
Conxunto de regras ditadas na Idade Media para a redacción de cartas e documentos, que deron lugar á formación dun novo sistema de retórica xurdido das necesidades da práctica administrativa. Dende finais do século XI os modelos epistolares adoitaban ir precedidos de introducións e preceptos co fin de subordinar a Retórica á ciencia do estilo epistolar. Este feito fixo necesario habilitar un nome que dese conta da novidade con respecto á retórica tradicional, para o que se adaptou unha nova acepción do termo ditare, orixinariamente ‘ditar’, que pasou a significar ‘escribir ou redactar con arte’.