Artesonado

Artesonado
[PUBLIC]

Revista trimestral bilingüe nada en marzo de 1988 e subtitulada “Revista de difusión cultural da Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo”. Contiña diversas informacións sobre especialidades artísticas e introducía ilustracións, fotografías e cómics. Tamén reproducións literarias de autores clásicos galegos e poemas de Darío Xohán Cabana, Lino Braxe, Marica do Campo e doutros autores noveis.