artiodáctilo -la
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao artiodáctilo.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos artiodáctilos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde da clase dos mamíferos, integrada por individuos ungulados e ungulígrados. Os artiodáctilos teñen un número par de dedos nas extremidades. Os segmentos inferiores das extremidades son moi longos, e os superiores curtos. Moitas especies teñen dous cornos frontais. A dentadura está moi especializada: os incisivos superiores desapareceron, os caninos serven de defensa e os molares teñen unha superficie trituradora con cristas lonxitudinais nas cúspides. A complicación do estómago é unha característica común a todos os artiodáctilos, agás os suiformes; nos ruminantes esta especialización é máxima (estómago con catro compartimentos). Son herbívoros. Están amplamente espallados arredor do mundo e divídense en tres subordes: suiformes, tilópodos e ruminantes.