Arts and Crafts

Arts and Crafts
Nome científico: [Artes e Oficios]

Sociedade fundada en Londres por Charles Robert Ashbee en 1888. Deriva da Morris and Co, creada por William Morris en 1861 coa finalidade de perfeccionar e renovar as creacións artesanais, fronte ao predominio do maquinismo. As orientacións de Ashbee tenderon cara ao deseño industrial, aínda que ligadas esteticamente ás ideas prerrafaelitas, sobre todo a través da obra de Walter Crane. O seu decorativismo lígalles ás primeiras manifestacións do Modernismo.

Palabras veciñas

artroscopio | artrose | artróspora | Arts and Crafts | Artur | Artur | Artur I de Bretaña