arverno -na
arverno -na
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos arvernos.
-
s
Individuo pertencente a un pobo céltico da Galia prerromana, establecido na actual Auvernia, á cal deron nome. Rivais dos edus, dominaron as tribos veciñas no s II a C. Dirixidos por Vercinxetórix, opuxeron unha tenaz resistencia á conquista romana, dirixida por Xulio César. Vencidos no 51 a C trala caída de Alesia, sometéronse a César, aínda que mantiveron a identidade como unha civitas da Aquitania.