arxilización
arxilización
(
s
f
[XEOL]
Transformación dunha rocha compacta ou dun mineral en arxila. O tipo máis corrente de transformación é a que sofren diversos minerais como a mica e, nalgúns casos, os piroxenos e os anfíbolos. Consiste en moitos procesos de hidratación con substitucións de ións que provocan cambios de estrutura. Resultan diversas menas de arxilas, cada vez máis alteradas (ilítica, vermiculítica, montmorrillonítica) que gañan en poder de intercambio de ións. Un caso particular de arxilización é a caolinización. Durante a arxilización libéranse diversos ións interesantes para as plantas.