ás
(< lat as)
-
s
m
[NUMIS]
Unidade básica do sistema monetario romano para as series de cobre e de bronce que comprendía doce onzas, así como a libra. A súa orixe non é clara: as teorías tradicionais sinalan a súa aparición cara ao ano 450 a C, mentres que os investigadores da escola inglesa propoñen a data do ano 269 a C. Inicialmente equivalía a unha libra de cobre, pero sufriu continuas reducións que remataron por recortar o seu peso a unha cuarta parte de onza. Nun principio apareceu como un lingote de forma non definida (aes rude ou aes infectum). Máis tarde transformouse nun cuadrilátero cunha representación figurada e incluso cunha lenda (aes signatum). Adaptou o seu peso á libra itálica de 341 g e, máis tarde, á libra romana de 354,4 g (aes grave). Aínda adaptou o peso de 273 g da libra latina reducida, tendo entón o tipo característico que representa a cabeza do deus Xano e a proa dun barco. Posteriormente, unhas novas reducións fixeron aparecer o ás semilibra, cun peso de seis onzas, o ás triental, de catro onzas, o ás sextental de dúas onzas, o ás uncial dunha onza e o ás semiuncial de media onza de peso. Durante o Imperio continuouse cuñando, mais nos tempos de Augusto, Nerón, Decio e Aurelio reduciuse. A reforma monetaria de Diocleciano eliminou o ás como moeda. En Galicia está ben documentada a presenza de ases romanos de cuñaxes pertencentes ao s I d C, así como a de semis, moedas tamén de bronce, denarios, de prata, e mesmo áureos, de ouro, sobre todo pertencentes á época de Nerón (54-68 d C), mesmo en asentamentos castrexos. As cuñaxes romanas do s II d C están moito peor representadas na Gallaecia ca as da centuria anterior, sendo características nos atesouramentos ou acubillos datados na época dos emperadores Antoninos, na primeira metade da centuria, nos que se mesturan distintas cuñaxes. Na Gallaecia dos ss III e IV produciuse unha abundante circulación de moeda romana, sendo característicos deste período o antoniniano e o folles, pezas máis representativas dos atesouramentos de época baixoimperial, que constitúen a maior parte dos acubillos de tempo romano achados na Galicia.
-
s
m
[HIST/METROL]
Entre os romanos unidade de peso equivalente, de xeito aproximado, a 327 g.
-
s
m
[XOGO]
Carta que, na numeración de cada pao, é o número un; na maioría dos xogos trunfa sobre todas as outras cartas do mesmo pao.
Ex: Xogou o ás de copas e gañou a partida.
-
s
m
[XOGO]
Cara do dado marcada cun só punto.
Ex: Sempre ten moita sorte e saca un ás na primeira tirada.
-
s
m
Persoa que sobresae de xeito notable na realización dunha actividade ou profesión.
Ex: É un ás do tenis.
-
ás de guía
[MAR]
Nós non corredíos empregados polos mariñeiros polas súas múltiples aplicacións.
Frases feitas
-
Así así loc adv Máis ou menos, medianamente, nin ben nin mal. Ex: O exame saíume así así, non sei se aprobarei.
-
Así como loc conx Do mesmo modo ou maneira. Ex: Confía nel así como el confía en ti
-
Así Deus me dea/cegue loc adv Expresión de xuramento. Ex: Así Deus me leve que non o hei facer.
-
Por así dicir Fórmula de atenuación de algo que se está a contar.
-
. Así como así loc conx A pesar de todo, aínda así. Ex: Bateulle, así como así quérelle ben.
-
Así e todo loc conx A pesar de todo, de todos os xeitos. Ex: Gaboume moito, así e todo non lle fixen caso.
-
Así eu cegue loc adv Expresión de xuramento. Ex: Así eu cegue, ti estudiarás na universidade.
-
Así mesmo loc adv Indica ao mesmo tempo unha afirmación e a relación desta con outra cousa xa aseverada anteriormente. Ex: Engadiremos así mesmo, novas cláusulas ao contrato.
-
Así paga o demo a quen o serve Expresión que indica que un lle fai mal a quen o trata ben. Ex: Empregouno na súa empresa e rouboulle, así paga o demo a quen o serve.
-
Así que loc conx Tan axiña como, no mesmo momento en que. Ex: Así que chegou o avión baixaron todos.