Asclepio
Asclepio
[MIT/RELIX]
Deus da Medicina na Grecia antiga. Pasou a Roma co nome de Escolapio. Fillo de Apolo e de Coronis (filla de Flexias, Rei dos lapitas) e pai de Hixiea. Representado plasticamente como un home maduro ou mesmo vello, con barba e un manto, quedando ao descuberto o peito e o ombreiro dereito, leva na man o bastón dos camiñantes cunha serpe enrolada. Parece que o centro do culto foi Trica, nas montañas de Tesalia, estendéndose despois polo territorio heleno. Os santuarios máis importantes foron os do Peloponeso: Sición (ou Sicione), Argos e Epidauro.