Asdod

Asdod

Antiga cidade da Palestina, no litoral mediterráneo, unha das que compuñan a pentápole filistea. Foi poboada dende o 2000 a C aproximadamente ata a época bizantina. Durante a época filistea era centro de culto do deus Dagón, de orixe cananea. Foi capital de provincia asiria e persa. Despois do dominio asmoneo foi outorgado a Salomé e á Emperatriz Livia. No seu templo, dedicado a Dagón, estivo depositada a arca da alianza. Preto das súas ruínas fundouse a cidade israelí de Ashdod.

Palabras veciñas

ascua | ascueira | asdic* | Asdod | Asdrúbal | Asdrúbal | Asdrúbal