aseguramento

aseguramento

(

  1. s m

    Acción e efecto de asegurar.

  2. s m [DER]

    Forma de tutela xurídica que comporta a adopción de determinadas medidas permitidas pola lei en previsión de futuros danos ou prexuízos que poida sufrir o ben xurídico asegurado.

  3. aseguramento de bens litixiosos [DER]

    Aseguramento establecido xudicialmente polo que o demandante nun xuízo non pode malversar as cousas que son obxecto específico do litixio; consiste nun conxunto de medidas destinadas a garantir a efectividade da futura resolución xudicial.

  4. aseguramento do dote [DER]

    Conxunto de medidas previstas legalmente para garantir a efectividade da restitución do dote por parte do marido. Consiste na constitución, por parte deste, dunha hipoteca dotal, e na inscrición dos bens no rexistro da propiedade a nome da muller.

Palabras veciñas

asegurable | asegurado -da | asegurador -ra | aseguramento | aseguranza | asegurar | aseidade