así

así

(

  1. adv
    1. Partícula que precede á expresión dun desexo.

      Ex: Así chegue ós seus anos. Así se esnafre contra un carballo.

    2. Dun determinado xeito.

      Ex: Has de facelo así. El é así.

    3. Igualmente, que se reproduce a cotío.

      Ex: Aquel día choveu arreo, e así toda a semana.

  2. conx
    1. En consecuencia, por conseguinte, de modo que.

      Ex: Chegaron tarde, así quedaron sen premio.

    2. FRAS: Así así loc adv Máis ou menos, medianamente, nin ben nin mal.

      Introduce unha cláusula onde se indica unha dificultade aínda que non impedimento para a realización ou cumprimento do expresado na primeira.

      Ex: Has aprobar o exame, así teñas que estudar toda a noite.

Frases feitas

  • Así así loc adv Máis ou menos, medianamente, nin ben nin mal. Ex: O exame saíume así así, non sei se aprobarei.

  • Así como loc conx Do mesmo modo ou maneira. Ex: Confía nel así como el confía en ti

  • Así Deus me dea/cegue loc adv Expresión de xuramento. Ex: Así Deus me leve que non o hei facer.

  • Por así dicir Fórmula de atenuación de algo que se está a contar.

  • . Así como así loc conx A pesar de todo, aínda así. Ex: Bateulle, así como así quérelle ben.

  • Así e todo loc conx A pesar de todo, de todos os xeitos. Ex: Gaboume moito, así e todo non lle fixen caso.

  • Así eu cegue loc adv Expresión de xuramento. Ex: Así eu cegue, ti estudiarás na universidade.

  • Así mesmo loc adv Indica ao mesmo tempo unha afirmación e a relación desta con outra cousa xa aseverada anteriormente. Ex: Engadiremos así mesmo, novas cláusulas ao contrato.

  • Así paga o demo a quen o serve Expresión que indica que un lle fai mal a quen o trata ben. Ex: Empregouno na súa empresa e rouboulle, así paga o demo a quen o serve.

  • Así que loc conx Tan axiña como, no mesmo momento en que. Ex: Así que chegou o avión baixaron todos.