asiánico -ca

asiánico -ca

(

  1. adx [HIST]

    Relativo ou pertencente aos asiánicos.

  2. s m [HIST/LING]

    Termo creado para designar un grupo de pobos do Oriente Próximo antigo onde as súas linguas, chamadas tamén asiánicas, non se identificaban nin como semíticas nin como indoeuropeas. Entre estas linguas incluíase o sumerio, o elamita, o casita, o hatti, o lubio, o licio, o lidio e o cario. O estudio, moi difícil pola escaseza de documentos ou pola escuridade destes, revelou o carácter artificioso desta denominación feita sobre unha base simplemente xeográfica.