asimilación
(
-
s
f
Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.
Ex: A asimilación de costumes extranxeiros dáse frecuentemente entre os que viaxan moito.
-
s
f
[FISIOL]
Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo. Efectúase mediante unha serie de reaccións anabólicas, con consumo de enerxía ( metabolismo).
-
s
f
[LING/FILOL]
Proceso orixinado pola evolución de cada lingua segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, contiguo ou non, invadíndoo parcial ou totalmente. Entre todas as clases posibles de asimilación pódense destacar as seguintes: progresiva, cando o fonema asimilador precede ao asimilado (fines > fins); regresiva, cando o asimilador segue ao asimilado (bursa > bolsa); recíproca, cando é mutua entre dous fonemas (factu > feito); e, noutra orde, contigua, se se dá entre dous fonemas veciños (pro illu > polo); distante, cando ambos os dous están separados por outros (novacula > navalla); e epentética, cando un determinado tipo de evolución xera a presencia dun fonema non etimolóxico (horologiu > reloxio).
-
s
f
[PSIC]
Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.
-
s
f
[SOCIOL]
Proceso polo cal unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu. Implica sempre a dispersión ecolóxica da minoría e a fusión coas estruturas sociais da colectividade receptora.
-
s
f
[XEOL]
Proceso, chamado tamén dixestión, polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición.
-
asimilación xenética
[BIOL/ECOL]
adaptación.