aspa
(< xerm haspa ‘debandoira’)
-
s
f
Armazón formada por dous paos atravesados en forma de X. Recibe tamén o nome de cruz de Santo Andrés.
Ex: As aspas da debandoira.
-
s
f
-
Conxunto de dúas ou máis pas, de dúas ou máis barras, etc, que se entrecruzan nas súas zonas centrais.
Ex: Collín dous paos e un parafuso para facerlle a aspa ó meu avión de xoguete.
-
Cada unha destas antenas, barras, etc.
Ex: As aspas do avión comezaron a xirar moi de présa.
-
-
s
f
[ETN]
Mecanismo propio dos muíños de vento en forma de X, composto por lenzos ao xeito de velas, que permite o movemento da roda.
Ex: O temporal rompeu a aspa do muíño.
-
s
f
[HIST]
-
Cruz en forma de X que levaban os penitenciarios da Inquisición.
-
Insignia da casa de Borgoña que aparece na bandeira dos exércitos de España e nos brasóns dalgunhas familias.
-
-
s
f
[MAR]
-
Tiras felpudas en forma de aspa que cando vai mal tempo se colocan cruzadas desde a verga do trinquete ata os muros do castelo para fixar a vela.
-
Nas velas cadradas, reforzo de lona situada en cada unha das empuñaduras e en dirección ao centro da vela.
-
-
s
f
[TÉXT]
Instrumento de formas variadas que serve para debandar e facer madeixas.
-
s
f
[XEOL]
Punto de intersección de dúas vetas de mineral.