aspártico, ácido
aspártico, ácido
Nome científico:
[ácido aminosuccínico: HOOCCH<sub> 2</sub> CH(NH<sub> 2</sub> )COOH]
[BIOQ]
Aminoácido natural, non esencial, que intervén nos procesos do metabolismo intermedio como precursor importante dos compostos nitroxenados e doador de grupos amina. Emprégase na investigación bioquímica e clínica, en deterxentes e como funxicida e xermicida.