Aspera, ponte

Aspera, ponte

Situada sobre o río Celeiro (Sarria). Trátase dunha ponte de catro arcos de pequena luz feitos con sillería granítica e apoiados sobre piares de largo semellante ao da luz dos arcos. Os piares rematan en tallamares semicirculares augas arriba e os tímpanos son canteria de xisto. Tanto polo tipo de fábrica como polos tímpanos, a imposta e os peitorís, na ponte existen dous momentos construtivos diferentes; a construción puido realizarse no s XIII, non obstante foi reconstruído en varias ocasións antes do s XIX, mentres funcionou como camiño de mercadorías. Forma parte do Camiño de Santiago que despois de atravesar Sarria pola rúa Maior conducía cara a Barbadelo.