astenopia

astenopia

(< gr ἀσϴένεια‘debilidade’ + ὤψ‘ollo’)

s f [PAT]

Fatiga visual que conleva a imposibilidade ou a dificultade de manter a visión durante un tempo prolongado. A astenopia acomodativa é frecuente na presbicia, na hipermetropía e no astigmatismo. A astenopia muscular está causada pola insuficiencia dos músculos rectos internos do ollo. É frecuente nos miopes.

Palabras veciñas

astelia | astenia | asténico -ca | astenopia | astenosfera | astenospermia | Aster