Asteria

Asteria
[ONOM]

Antropónimo de muller procedente do grego Asteríe, e este do nome común aster ( ἀ στ ή ρ) ‘estrela, astro’. Na mitoloxía grega, Asteria era filla do titán Coeos e de Febé, irmá de Leto e filla de Urano e de Xea. Pretendida por Zeus, transformouse en paspallás e botouse ao mar creando a illa Ortixia ou “illa dos paspallás”, que máis tarde recibiría o nome de Delos. Asteria é tamén o nome dunha filla de Zeus e de Temis (Pudor). Cando gobernaba a terra, entre os humanos dominaban os sentimentos de xustiza e virtude pero, cando a ruindade se apoderou deles, marchou ao ceo converténdose na constelación de Virgo. Por esta razón, Asteria representa a personificación das estrelas e da xustiza. A festa de santa Asteria de Bérgamo, virxe e mártir baixo Diocleciano, celébrase o 10 de agosto. Unha variante deste nome é Astrea.

Palabras veciñas

asteral | astereognosia | asteria | Asteria | Asterias | astérida | asterisco