Asterolinon
Asterolinon
[PLANTA]
Xénero de herbas da familia das primuláceas de flores pentámeras co cáliz maior ca a corola. En Galicia está presente A. linum-stellatum, de talos ergueitos de ata 15 cm de lonxitude, en ambientes ben drenados e areosos.