Astíanax

Astíanax
[MIT/LIT]

Heroe grego. Fillo de Héctor e Andrómaca. Despois da caída de Troia e a morte do seu pai, foi precipitado, sendo meniño, dende o alto dunha das torres da muralla de Troia por decisión dos xefes gregos, en especial Ulises. A súa morte foi obxecto de representacións pitóricas (vasos áticos) e tema literario (traxedias de Séneca e, posteriormente, Racine).

Palabras veciñas

asti | Asti | Asti | Astíanax | Astiano | astiano -na | Astiaxes