astroblema
astroblema
(
s
m
[ASTRON]
Cráter formado na superficie dun astro, especialmente na Terra ou na Lúa, pola colisión dun meteorito grande. No ano 1987 descubríronse dous astroblemas importantes na Terra: o cráter Montagnais, que se atopa a 200 km das costas de Nova Escocia (Canadá) e ten entre 45 e 65 km de diámetro e 1.700 m de profundidade, e o cráter Duolon, que se atopa a uns 300 km ao norte de Pequín (China) e ten 70-80 km de diámetro.