astrolabio
(
-
s
m
[ASTRON]
Tipo de armila portátil apta para medir a altura dos astros. O modelo máis coñecido consistía nun círculo de metal, sostido cun anel na súa parte superior e mantido no plano da vertical do astro observado. Ao dirixir a alidada, que era xiratoria, cara ao astro, a escala graduada do canto do círculo daba o valor da altura do astro. O astrolabio, coñecido polos exipcios no s III a C -hai, sen embargo, quen lle atribúe a invención a Hiparco, s II a C-, é descrito por Ptolomeo (s II d C) no Almaxesto. Introducido na Península Ibérica polos árabes, foi construído e adaptado á numeración latina por Sunifred Llobet a finais do s X, quen ensinou o seu funcionamento a Xerberte d’Aurillac, futuro Papa Silvestre II, que á súa vez difundiu o seu coñecemento por Europa. O astrolabio náutico, usado durante a Idade Media, foi substituído polo octante e posteriormente polo sextante. Na actualidade só se empregan os astrolabios de prisma.
-
astrolabio de prisma
[ASTRON]
Aparello astronómico destinado a coñecer o momento de paso dunha estrela por unha distancia cenital establecida. Consiste nun prisma de vidro, situado ante un lente, e un horizonte artificial de mercurio, situado diante e na parte inferior do prisma. Hainos de 60° (prisma equilátero) e de 45°. O de 60° -o máis coñecido-, disponse horizontalmente, acaroado á vertical dunha estrela, de forma que o observador vexa ao mesmo tempo, a través da lente, a estrela e a súa imaxe reflectida no horizonte artificial. Das observacións feitas dedúcese a latitude do lugar.
-
astrolabio impersoal
[ASTRON]
Astrolabio de prisma de 60° perfeccionado por A. Danjon ao dotalo dun micrómetro impersoal que permite inmobilizar as dúas imaxes que aparecen no campo visual no momento da súa coincidencia.
-
astrolabio náutico
[ASTRON]
Astrolabio adaptado ás observacións que tiñan que facer os navegantes. Os primeiros modelos daban a altura do astro observado, pero no s XVI foi modificada a graduación e daban directamente a distancia cenital.