ataxia

ataxia

(< gr ἀταξία‘desorde’)

  1. s f [PAT]

    Trastorno caracterizado pola falta ou pola alteración da coordinación dos movementos.

  2. ataxia callosa [PAT]

    Ataxia caracterizada pola asociación desta con fenómenos espasmódicos, causada por un tumor do corpo calloso.

  3. ataxia cerebelosa [PAT]

    Ataxia producida por lesións das vías cerebelosas. Hai unha descompensación dos movementos (asinerxia) de tal xeito que non se acada nunca o obxectivo proposto (disimetría). Ao camiñar, o atáxico é incapaz de seguir unha liña recta e mantén os pés separados.

  4. ataxia frontal [PAT]

    Ataxia parecida á cerebelosa acompañada de trastornos de conduta, por lesións no lóbulo frontal.

  5. ataxia intrapsíquica [PAT]

    Ataxia orixinada por unha disociación entre pensamento e afectividade.

  6. ataxia medular/ataxia tabética [PAT]

    Ataxia causada por afección da sensibilidade profunda que vai polos cordóns posteriores da médula espiñal. O individuo camiña bruscamente, deixando caer os pés fortemente sobre o talón.

  7. ataxia parietal [PAT]

    Ataxia orixinada polo descoñecemento dun propio hemicorpo que se move incoordinadamente. Está causada por lesións do lóbulo parietal.

  8. ataxia periférica [PAT]

    Ataxia producida por alteración dos nervios periféricos, especialmente polas polineurites.

  9. ataxia talámica [PAT]

    Ataxia ocasionada por lesión no tálamo; presenta ademais dunha hemiataxia, unha síndrome talámica.

  10. ataxia vestibular [PAT]

    Ataxia producida por alteracións vestibulares labirínticas. Comporta trastornos da marcha caracterizados polo feito de que o individuo se sente atraído cara ao lado da lesión; se o desequilibrio é moi acentuado, está obrigado a cruzarse de pernas (marcha en tesoiras). Está acompañada de vertixes e nistagmos.

Palabras veciñas

atavío | atavismo | ataxada | ataxia | atáxico -ca | ataxita | atazo