atelana
atelana
(< lat atellāna < topónimo Atella)
s
f
[LIT]
Comedia latina satírico-burlesca. Segundo a tradición, as atelanas tiveron a súa orixe en Atela, pequena cidade entre Capua e Nápoles. Os personaxes eran tipos convencionais que ridiculizaban unha situación ou un oficio concreto. No comezo, foron interpretadas en dialecto osco, pero na época de Sula, comezaron a selo en latín, ata conseguir forma literaria cos poetas Novio e Pomponio. OBS: Pode empregarse tamén en plural.