Atelier 5
Atelier 5
Grupo de arquitectos suízos que practicaron un estilo moi influído polas formulacións brutalistas e pola estética das últimas etapas da obra de Le Corbusier. Formado inicialmente por E. Fritz, S. Gerber, R. Hestenberg, H. Hostettler, N. Morgenthaler e A. Pini, destaca o uso do formigón visto como un sistema construtivo e de expresión estética.