ateroma

ateroma

(

s m [PAT]

Lesión dexenerativa que constitúe a máis común das arterioscleroses. Consiste nunha placa fibrosa, dura, que avulta a capa íntima das arterias grandes e medias. Fórmase por unha zona central constituída por lípidos (sobre todo colesterol) e restos de células destruídas, envoltas por tecido conectivo e musculatura lisa da parede da arteria. O ateroma pode ir pechando a luz da arteria e provocar lesións isquémicas; tamén pode necrosarse, ulcerarse e producir aneurismas arteriais e embolias.