aterraxe

aterraxe

(

  1. s f [AERON]
    1. Conxunto de manobras para aterrar unha aeronave. A aterraxe dun avión efectúase sempre coa proa cara ao vento para obter as mellores condicións de sustentación coa mínima velocidade respecto á terra; para facilitar a aterraxe, faise cos flaps fóra. A velocidade do avión respecto ao aire no momento de tocar terra debe ser moi próxima á velocidade crítica ou de perda, que nos avións modernos é relativamente alta; as pistas de aterraxe, por tanto, deben ser moi longas para permitir a deceleración do avión mentres roda. Os sistemas de freo son xeralmente de disco e actúan sobre as rodas do tren de aterraxe. Nos modernos avións de hélice invértese a acción das pas das hélices para frear e nos turborreactores invértese o pulo. Hai avións que aterran verticalmente (avión VTOL) ou en curtas distancias (avión STOL). Tamén é factible a aterraxe sen visibilidade (ASV), mediante o sistema ILS ou o GCA.

    2. Conxunto de manobras que tenden a colocar con suavidade unha nave espacial na superficie dun astro.

  2. s f [INFORM]

    Fase na cal a cabeza de lectura e escritura dun disco duro remata o seu funcionamento, logo de serlle cortada a corrente eléctrica.

  3. s f [MAR]

    Acción de recalar, costear ou tomar terra unha embarcación.