atlante

atlante

(

  1. s m [ARTE]

    Estatua masculina de corpo enteiro empregada, como a cariátide, na arquitectura para soster un entaboamento ou unha cornixa. Substitúe á columna como elemento de soporte. Trátase dun elemento arquitectónico utilizado xa polos gregos e polos romanos, foi representado no Renacemento e no Barroco.

  2. s [MIT]

    Habitante da Atlántida.

  3. s m [BÉL]

    Arma precolombina en forma de estaca utilizada polos indios do val de México que servía para aumentar a forza propulsora do brazo no lanzamento de proxectís (dardos, xavelinas, etc).