atoallado -da

atoallado -da

(< toalla)

  1. adx

    Dise do tecido que ten forma ou tacto de toalla.

    Ex: Merquei uns panos atoallados en Valença para a cociña da casa.

  2. adx

    Cuberto ou revestido de toalla.

    Ex: Ten unha funda atoallada para protexer os instrumentos musicais.

  3. adx

    Que ten entendemento curto, aparvado.

    Ex: Anda un pouco atoallado estes días con tantas cousas que ten na cabeza.

Palabras veciñas

atmosfera | atmosférico -ca | atoado -da | atoallado -da | atoamento | atoar | Atocha