Atocha

Atocha
[ONOM]

Antropónimo de muller procedente do nome desta Virxe madrileña. Este nome, procedente do árabe taucha ou atoucha ‘esparto’, fai referencia ao campo de espartos onde se edificou o seu santuario. Segundo a tradición, a imaxe da Virxe chegou a Madrid dende Antioquía, por iso hai quen ve no termo atocha unha corrupción do nome da cidade oriental. A súa festa celébrase o 10 de xullo ou o 15 de agosto.

Palabras veciñas

atoamento | atoar | Atocha | Atocha | Atocha, Luís | Atocha, Pedro Manuel | atol