átono -na
átono -na
(< gr ἄτονος‘sen acento’)
adx
[LING]
Dise do fonema vocálico, sílaba ou palabra relativamente carente de intensidade acústica ou de frecuencia tonal, respecto a outro que presenta un grao superior nestes dous factores. Trátase dun concepto esencialmente relativo, posto que as súas realizacións requiren, polo menos virtualmente, a presenza dalgún segmento fonemático en oposición. En galego son palábras átonas, entre outras, os artigos (o, a, os, as, lo, la, los, las), as preposicións (para, de, por, etc), as conxuncións (pero, nin, non, sen, etc) e os pronomes átonos (lle, nos, vos, se, etc).
Ex: A última sílaba de zapato é átona e tamén é átono, por exemplo, o fonema /o/.
Citas
- A última sílaba de zapato é átona e tamén é átono, por exemplo, o fonema /o/.