Atraharsis

Atraharsis
[MIT]

Relato do mito babilónico do diluvio universal, reelaborado a partir dun mito sumerio anterior protagonizado por Ziusidra, que semella ter inspirado o mito hebreo de Noé. Nesta cosmogonía ou mito sobre as orixes, nárrase que o deus Enlil (a Terra) provocara un diluvio universal para exterminar á impía humanidade; Atraharsis sálvase mercede á intercesión de Enki (a Auga), que lle revela o que vai acontecer aconsellándolle construír un barco no que embarcar a súa familia e unha carga de animais de ambos sexos co obxectivo de poderen repoboar o mundo tralo desastre.

Palabras veciñas

atraente | atraer | atragoar | Atraharsis | atraíble | atraído -da | atrancallo